Concerto na "plaza dos músicos" a cargo de Ensemble Aberto
Por Oskar Viéitez
Ensemble Aberto é un grupo de música de cámara creado no ano 2015 co obxectivo de dar mobilidade a obras do repertorio camerístico pouco interpretadas na nosa comunidade. É un grupo flexible, cunha plantilla modificada segundo as necesidades das obra. As colaboracións con outros ámbitos artísticos será unha das vías de actuación no futuro da agrupación.
Aproveitando a boa predisposición a actividades culturais dos pontevedreses, presentan esta proposta de concerto, promovida polo interese de esta agrupación de activar e revitalizar emprazamentos únicos e fermosos da cidade, sexan prazas, teatros, parques ou outros espazos que adoitan pasar desapercibidos.
Este vindeiro luns 3 de agosto darán un concerto na Praza de San Xosé fronte ao grupo escultórico La Tertulia, obra de César Lombera, e que popularmente se lle está a chamar "Praza dos Músicos" ás 19:30 horas.
O prográma inclúe:
- Serenata A. Dvorák: 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots, 3 trompas, chelo e contrabaixo.
- Octeto de I. Stravinsky: frauta, clarinete, 2 fagots, 2 trompetas, 2 trombóns.
- Petite Symphonie de C. Gounod: frauta, 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots, 2 trompas.
Este programa ten como fío condutor a peculiaridade da instrumentación das obras, mesturando tanto instrumentos de vento, madeira e metal, como percusión e cordas. A duración total do concerto é de sesenta minutos, aproximadamente.