Jazz na Praza de Abastos e Swing na Leña
Por Oskar Viéitez
Paseantes, a nova proposta que se incorporou ao programa de festas de verán encheu de música os percorridos dos transeúnes pola cidade.
O jazz contemporáneo de Trilitrate na Praza de Abastos, o swing de Mr Cool na Leña, as interpretacións da catautora Fátima Baña ou a ópera a cargo de Victória Álvarez e Miguel Abalo nas prazas da Verdura, Ourense e Peregrina. Estas foron as propostas que arrancaron os aplausos do público este venres.
Para o sábado o programa inclúe: a mediodía o jazz de Nacho Pérez Cuartet na praza de Abastos, e na Verdura ás 13 horas soará a fusión de Jesús Vidal e unha hora máis tarde A Máquina de Meter Medo e a súa electrónica tradicional.
Pola tarde, ás 20 horas na Peregrina haberá un recital de bandas sonoras a cargo de Dolce Vita, ás 21 horas co concerto do cantautor Davide Salvado na praza de Méndez Núñez e a partir das 22 horas no Teucro coas actuacións de Rynier Aldama Trío, de música cubana, e Alfombra Voadora, de ritmos hindús.