Comezan as sesións de cine na rúa e monicreques na programación de verán de Bueu
Por Redacción
Bueu inicia a programación de actividades estivais este martes 14 co arranque da tempada de monicreques de verán na Praza Massó coa 'Caixiña Máxica', que se iniciará ás 21.00 horas.
O 21 de xullo se programa 'O horroroso crime de Xan Miñoca' da compañía Viravolta; o 28 de Titirimaña ofrece 'Carmiña Brañolas e as tarrañolas máxicas' o 4 de agosto Cachirulo presentará 'A figueira do demo' e o 11 de agosto, de novo, Viravolta pecha o ciclo con 'Barriga verde'.
Tamén esta semana comezará outro dos ciclos habituais de verán: Cine na Rúa. Comezará o mércores 15 ás 22.30 horas na Praza Massó coa proxección de 'Mi vecino Totoro' e o 22 de xullo, á mesma hora, poderase ver outra película de animación 'Big Hero 6'.
En caso de mal tempo, as actividades trasladaranse ao Centro Social do Mar.