De panxoliñas cos Chichisos
Por Oskar Viéitez
Un ano máis, e xa van 13, o grupo Os Chichisos acompañados de diversos instrumentos como acordeón, gaita, frauta traveseira, guitarra, tamboril, bombo, charrasco, pandeireta e pandeiro, etc., e un grupo de nenos, xuntáronse para levar os "Cantos de Reis", polo concello de Pontevedra.
A actuación arrancou as cinco da tarde na Praza da Liberdade, en Campolongo. Despois foron cantando tamén por outros lugares e prazas da capital.
Trátase dunhna tradición habitual nestas festas do Nadal ir cantar e logo pedir o aguinaldo para facer a festa.
Nos cantos de Reis, os temas céntranse en narracións bíblicas e moitos deles están relacionados con cantos gregorianos e cantares relixiosos dos séculos XV e XVI.