1.100 aniversario do convento de San Bieito de Lérez
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra colabora nos actos do 1.100 aniversario do Convento de San Benito, na parroquia de Lérez, co patrocinio dun concerto de música sacra, que terá lugar o vindeiro venres, 3 de xullo, ás 21 horas, e cun ciclo de conferencias que están a ultimar o responsable do mosteiro e a deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez, e os seus equipos.
O concerto do vindeiro venres correrá a cargo do Coro Liceo de Vilagarcía que, baixo a dirección de Margarita Guerra, ofrecerá temas de Vivaldi, Haendel, Haydyn, Mozart, Shubert ou Mendelssohm, entre outros.
O concerto terá lugar unha semana antes da tradicional celebración do San Bieito. Con posterioridade a esta popular celebración, celebrarase o ciclo de conferencias sobre a historia, o significado e outros aspectos do propio Convento.
A deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez, comprometeu a colaboración da Deputación nos actos para poñer en valor non só o mosteiro senón tamén a historia da cidade e da provincia que, en moitos casos, foron paralelas a él.