Mulleres "Do final e do comezo". Artistas de principio a fin no Pazo da Cultura
Por Redacción
O final dunha etapa sempre supón o comezo dunha nova. Así ocorre co alumnado do Grao en Belas Artes da Facultade de Pontevedra que, dende hai xa catro anos, ten a oportunidade de amosar o seus traballos finais. En 2015 son 43 os proxectos seleccionados nos que están representadas todas as disciplinas artísticas: pintura, video, fotografía, escultura, debuxo, deseño gráfico, etc.
Achegámonos a elas a través de 7 mulleres, 7 artistas que plasmasmaron na súa obra parte do seu ser e do seu bo facer. Todas elas mulleres, si. Porque quizais chegou o tempo, logo de anos e séculos de asociar o mundo da arte ao xénero masculino, de poñelas a elas en primera liña.
Lembranzas e vivenzas da súa infancia, mulleres pioneiras, viaxes e emocións marcaron os seus traballos. Traballos que para moitas suporán un punto de inflexión no seu camiño como persoas e como artistas que son de principio a fin.
Cristina Lago (Pintura/ilustración). Que se agocha detrás de Peter Pan ou o mundo da ambigüedade ambivalente? Ela sempre tivo claro que ese sería o seu traballo final. Peter Pan é un libro que a influenciou moito: Lino sen coñecer a idea orixinal de James Barrie e impactoume. A intentención desta serie de obras é ofrecer ao espectador a interpretación da obra, sacar a relucir aspectos máis escuros que quedaron ocultos ao longo dos anos, especialmente por mor da película de Disney.
Andrea Domínguez (Video). O feo como forma bela é unha video-instalación e, como ela mesma recoñece, nunca pensou rematar facendo algo así de proxecto final. O contacto con esta disciplina, especialmente a partir de 3º, fixoa cambiar de opinión: Gústame combinar, ter a posibilidade de colocar unha peza física e facer que se contemple dende diferentes perspectivas. Moita xente que non está dentro do mundo da arte non valora tanto esta disciplina e tes que escoitar comentarios como "iso fagoo eu". Hai moitísimo traballo detrás, de creación, de investigación, de planificación sobre o que queres amosar e transmitir e como facelo.
Mar Ramón (Escultura/cerámica). Autorretrato, Nu apresado, Nu en prato, Nu con flor e Proxecto funcional compoñen o seu traballo, inspirado por mulleres pioneiras e artistas coma Louise Bourgeois, Annette Messager, etc.: Sempre emprego elementos do meu entorno e así o fixen no meu autorretrato. Bonecas que lembran a miña infancia, un pincel polas disciplinas artísticas, a venda que significa protección, os peitos para recalcar que son unha muller e as deportivas porque tamén son algo característico meu. Sobre a mestura que fago de textil e cerámica, penso que son técnicas minusvaloradas en museos e galerías, puco visibles quizais porque o téxtil asóciase á muller e ao fogar e a cerámica está vista como artesanía.
Iria Fervenza (Fotografía). P0313. Así como o ledes. O seu traballo leva nome de estrada, que ademais de simbolizar o camiño, a viaxe, etc. agocha outros segredos: Quero plasmar a evolución do mesmo camiño, dese camiño que facemos todos os días, cheo de cousas que pasan desapercibidas e nas que non te fixas. Como varía o mesmo espazo cos cambios atomosféricos o as persoas que pasan segundo as horas do día. Algunhas fano a diario, chova, vente ou trone. A PO313 vai de Moaña, onde eu vivo, a Marín. É unha estrada que percorro dende pequena para vir a Pontevedra.
Enma Castañeiras (Deseño gráfico). Despois de todo é, segundo nos comenta, un diario emocional, dos empregados en psicoloxía: Rexistro as emocións experimentadas ao longo do día. A persoa escribe as cousas boas que lle pasan e eu o levo ao deseño gráfico, que é para min unha linguaxe universal. Despois de todo, ser feliz pode ser dar un paseo en bici, desfrutar de pequenas cousas que pasan desapercibidas, etc. E a felicidade para Enma é continuar formándose no eido da creatividade publicitaria: unha vocación descuberta ao seu paso por Belas Artes.