Miguel Vidal e Lena Panciuc, cara a cara na galería About Art
Por Redacción
A galería About Art de Pontevedra acolle ata o próximo 8 de maio a exposición Lena Panciuc & Miguel Vidal: cara a cara. A mostra de base fotográfica, se complementa con escultura, gravado e libros de autor, na que o fotógrafo pontevedrés presenta un resumo da súa relación artística coa modelo e artista rumana, que durante tres anos estiveron traballando de xeito conxunto.
Obxectos e esculturas creados por Panciuc son fotografados por Miguel Vidal sobre o propio corpo da artista. Existen máis de 10.000 fotografías tomadas por Vidal neste periodo de tempo, no que ambos foron dando forma ás súas ideas a través da fotografía.
Miguel Vidal e Lena Panciuc traballan xuntos e inspíranse mutuamente, unha relación artista-modelo que moitas veces excede os límites e enriquécese, se complementa e transfórmase nun proxecto común no que as imaxes xorden de xeito automático, con gran facilidade, coma se o corpo de Lena e a lente de Vidal tivesen vida propia... como Man Ray e Le Miller, convértense en compañeiros surrealistas.
En 2015, o proxecto artístico de Miguel Vidal dá un xiro, un paso máis, aportando máis luz ás súas imaxes. Aparecen os grises e pratas, o branco... e as composicións suavízanse. A figura da muller segue sendo a base dos seus traballos, que se presentan en exteriores ou interiores, dependendo do que o autor queira contar en cada momento, sempre cunha inquietante escena que a cada espectador transmítelle vivencias ou aspectos propios e internos.
Os obxectos repítense, como obxectos fetiche, unha e outra vez: caretas, vendas, medias, redes... xorden como únicos complementos e pasan a contar unha historia diferente cada vez.
A exposición pódese visitar de martes a venres de 17.30 a 20.30 horas e sábados de 11.00 a 14.00 horas.
Relacionadas:
-
A vida e obra dos fotógrafos pontevedreses Raquel Calviño e Miguel Vidal plásmase nun documental
Por Redacción |
-
Alejandra Sampedro trae a Pontevedra o seu 'Mar de crebas'
Por Redacción |
-
Obras de Saura, Antoni Tàpies o Luis Gordillo traen o mellor da galería Rayuela a Pontevedra
Por Redacción |
-
About Art acolle ata o 13 de decembro a primeira exposición en Galicia do artista grego Filippos Tsitsopoulos
Por Redacción |