Oito contadores de historias participarán no I Concurso de Monólogos de PoioEscena 2015
Por Redacción
Cinco homes e tres mulleres subiranse ao escenario do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó o venres 8 de maio para mostrar os seus dotes narrativos no primeiro Concurso de Monólogos que se realiza dentro do ciclo teatral PoioEscena que leva xa seis edicións.
A organización pretende, con esta novidade, achegarse a novos públicos que teñan intención de gozar de distintas modalidades teatrais, sempre coa intención de promoción e difusión das artes escénicas en galego.
A gala do concurso celébrase o 8 de maio a partir das 21.00 horas coa presentación a cargo de Sergio Pérez "Chuvi", vocalista e compositor de Champurrada ademais de compoñente do coro Rock Pontevedra. Tamén é actor teatral en Armadiña Teatro e Moura Teatro.
Os participantes serán José Luis Fernández, Belén Bouzas e Gonzalo Lago "Gas", procedentes de Pontevedra; Pacucho Álvarez, do Grove; Manolo de Atlético, da Estrada; Andrea Paz, de Ponteareas; Noelia Álvarez, de Vigo e Luis Rivas, da Estrada.
Os prezos para a entrada son 3 euros para o público xeral e un euro para os socios das asociacións co-organizadoras.
O xurado está compostos por Bea Bravo, Xurxo Barcala, Miquel Condal e Chuco Briones, todos eles relacionados coa actividade teatral. Os premios ascenden a 500, 300 e 200 euros para os tres primeiros clasificados acompañados dun trofeo.
Relacionadas:
-
Seis novas obras de teatro afeccionado porán o broche de ouro ao ciclo PoioEscena2015
Por Redacción |
-
Tangatutanga Teatro estrea en Samieira o cabaré bíblico "Que Deus nos colla confesados"
Por Redacción |
-
Seis anos de PoioEscena, unha aposta consolidada polo teatro afeccionado en galego
Por Redacción |
-
"Nesta casa hai fantasmas", penúltima cita co teatro afeccionado en PoioEscena 2014
Por Redacción |