Os nenos achéganse aos albores da historia
Por Redacción
Numerosos nenos achegáronse durante a tarde deste venres 13 pola carpa instalada na Praza da Ferrería para dar un salto na historia e remontarse á época da Idade de Ferro a través de diversas actividades que permitían coñecer os cambios que o descubrimento do ferro supuxo para a civilización tanto en materia agrícola coma na creación doutros instrumentos de traballo.
Os nenos participaron en obradoiros de cerámica e aprenderon a elaborar o pan tal e como se facía no século XII antes de Cristo, ademais de técnicas de creación de tecidos. A simboloxía, o adorno persoal e a cestaría foron outras actividades que se mostraron ao longo da tarde na carpa instalada polo Padroado Rías Baixas.
Tampouco faltaron as actuacións musicais cun concerto do dúo de zanfonas "A máquina de meter medo" e un espectáculo teatral a cargo de Migallas Teatro: 'Contos nas orellas'.