Afundación acolle un concerto con pezas de Dvorák de la Real Filharmonía de Galicia
Por Redacción
O xoves 12 de marzo, ás 20.30 horas, a Sede de Afundación de Pontevedra será o lugar onde se poderá gozar do concerto da Real Filharmonía de Galicia, que estará dirixida por Antonio Ros Marbá interpretando tres pezas de Antonin Dvorák.
As entradas para aqueles que non conten co aboamento de tempada poden adquirilas en ataquilla ou telefonicamente no 902 504 500.
Para este concerto a Afundación segue coa súa campaña de promover a cultura na sociedade galega mediante a iniciativa pola cal os menores de 35 anos poden adquirir as súas entradas no despacho media hora antes do concerto a un prezo reducido de 5 euros.
Antonio Ros Marbá, que dirixirá a Real Filharmonía de Galicia, foi o director titular da Orquestra Sinfónica de RTVE cando se fundou en 1967, tamén foi director titular da Orquestra Ciutat de Barcelona, e director musical da Orquestra Nacional de España.
No ámbito internacional obtivo grandes éxitos dirixindo orquestras en Francia, Inglaterra, Suíza, Italia, Alemaña, Escandinavia, América e Xapón. Na súa carreira recibiu premios como o Premio Nacional de Música, a Creu de Sant Jordi, ou a Medalla de Ouro do Gran Teatre del Liceu de Barcelona.
A Real Filharmonía de Galicia debutou en 1996 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela co seu primeiro director titular Helmuth Rilling, e na actualidade Paul Daniel é o seu director titular, Maximino Zumalave o director asociado e Christoph König principal director invitado.
Entre os seus intérpretes encontramos tamén grandes violonchelistas, violinistas, pianistas e vocalistas que fan que a Real Filharmonía de Galicia conte cunha grande acollida no resto de España e Internacionalmente.
O labor didáctico que ademais desenvolve a Real Filharmonía de Galicia achega a música sinfónica a máis de sete mil escolares, e a través das actividades da escola de Altos Estudos Musicais imparten cursos os músicos da filharmónica para contribuír na formación de futuros intérpretes.