Habilitada a venda anticipada de entradas para os espectáculos do Salón do Libro
Por Redacción
A XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra acaba de poñer á venda dos espectáculos que, dentro da súa programación, contan con entrada de pago.
As localidades poden adquirirse anticipadamente a un prezo único de tres euros a través do teléfono 902 504 500 e na páxina web www.servinova.com.
Os espectáculos para os que se habilitou este servizo de venda son: A pel da auga, de Pep Bou (6 de marzo); Berços de electrónica, de Paulo Lameiro (15 de marzo); Star Trip, de Yllana (22 de marzo), y Pan! Pan!, da Panadaría (27 de marzo).
O Salón do Libro ofrece este ano máis de 300 actividades de teatro, música, danza ou contacontos, entre outros, que na súa maioría son de balde. Para eses espectáculos as entradas poñeranse a disposición do público unha hora antes do seu inicio.
A programación completa pode consultarse aquí.
Relacionadas:
-
As imaxes orixinais de Mafalda Milhöes xa ilustran a Biblioteca Pública
Por Mónica Patxot |
-
Máis de 300 actividades nun Salón do Libro que pasa a invadir o recinto feiral
Por Natalia Puga |
-
Contacontos nas librerías e unha mostra na Biblioteca quentan os motores do Salón do Libro
Por Oskar Viéitez |
-
O Salón do Libro estrea colaborador: o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
Por Redacción |