Poesía combativa a ritmo de blues e rock no Pazo Mugartegui
Por Alejandro Espiño
O Pazo de Mugartegui será o escenario este martes 18 de decembro, ás 20: 30 horas, da presentación da escolma poética Versus, unha publicación impulsada polos poetas galegos Antón Borrazás, Miguel Queipo, ÿscar de Souto e Manuel G. Pombo. Trátase, segundo os seus autores, dunha "poesía combativa", un libro no que conflúen distintas temáticas "pero con igual estilo reivindicativo e de loita".
Moitos dos poemas están musicados acompañados de blues ou rock and roll. "ÿ polo tanto, máis que un recital poético", aseguraban os autores, un grupo que naceron ao lume dos Faladoiros do Inglés Café da Coruña ou do Café Fábula de Arteixo, e que consideran o acto de Pontevedra como a presentación formal desta escolma, prologada polo poeta Juan Carlos García Hoyuelos, "defensor do galego e de todas as linguas do estado".
Trátase dunha poesía "que non é moi elitista, senón que a pode entender todo o mundo", asegurou Miguel Queipo, que aposta porque este xénero literario esté "moi vencellado ao pobo". Ata cinco poetas colaboran con esta escolma, "xente que de verdade sinte a poesía" e que autoeditaron o libro porque "non necesitamos que ningunha editorial nos diga se é boa ou non a nosa poesía".
"En Galicia a poesía está secuestrada", dixo outro dos seus autores, ÿscar de Souto. "Os filólogos e as empresas que especulan coa poesía teñen secuestrada esta parte da cultura galega", explicou para xustificar o nacemento da "unión de poetas verdadeiros", baixo a que nace esta escolma poética.
Versus conta ademais coa colaboración de Hugo Álvarez como ilustrador "que describe perfectamente as poesías: unha escaleira pousada na lúa" e que, como dixeron os seus impulsores, "fai que a súa lectura sexa moito máis agradable".