O Museo de Pontevedra homenaxea a Julio Cortázar
Por Redacción
O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolle o próximo mércores 28 de xaneiro, ás 20,00 horas, unha nova sesión de literatura e cine dedicada ao escritor arxentino Julio Cortázar, no marco do ciclo 'En Paralelo'.
Na devandita xornada, promovida pola Consellería de Cultura e a Deputación de Pontevedra, o escritor ourensano Francisco X. Fernández Naval lerá parte do seu 'O soño galego de Julio Cortázar', e proxectarase a película 'Cortázar Galicia', dirixida por Juan de la Colina.
A consellería indicou nun comunicado que o libro mostrará a relación que o escritor arxentino mantivo con Galicia, así como que o título da obra fai referencia ao "desexo" de Julio Cortázar de pasar unha tempada en Redondela coa súa primeira muller.
Por outra parte, o filme de Juan de la Colina céntrase nas dúas viaxes do arxentino durante os anos cincuenta a Galicia, xunto á súa primeira esposa. As bases deste documental -apoiadas en documentación facilitada polo CGAI, a Fundación Juan March e a Fundación Luís Seoane- son as cartas e outros textos que Cortázar escribiu sobre os devanditos desprazamentos.
Unha vez que rematen estas dúas actividades, o público poderá participar nun coloquio co autor Francisco X. Fernández e co director Juan de la Colina.