Jero Romero regresa a Pontevedra o 14 de marzo para presentar "La Grieta", o seu novo disco
Por Alejandro Espiño
Co seu primeiro disco en solitario, Jero Romero xa visitou Pontevedra. E agora volverao a facer co segundo. O músico toledano, ex vocalista de The Sunday Drivers, actuará o vindeiro sábado 14 de marzo, a partir das 22.00 horas, na Sala Karma. Trátase dun dos principais concertos que se enmarcan dentro da programación que o local está preparando para celebrar o seu oitavo aniversario.
Jero Romero presentará na cidade do Lérez o disco La Grieta, editado a mediados do pasado ano e, do mesmo xeito que o primeiro, financiado a través dunha exitosa campaña de crowfunding. ÿ un traballo que supón unha ruptura case total para el. Unha ruptura musical (outro son, outro tipo de composicións, outra instrumentación... outra linguaxe en definitiva) e tamén unha ruptura vital.
Con el, Jero Romero pasa de editar un disco feito prácticamente en solitario a outro claramente grupal e no que se rodea coa banda que lle acompañou en directo durante os dous últimos anos: Charlie Bautista, Alfonso Ferrer, Nacho García e Amable Rodríguez. Con eles levou a cabo todo o proceso creativo do disco, desde arranxar as cancións ata gravalas e mesturalas.
O músico atopou un refuxio pouco parecido a un estudo de gravación: unha bufarda nunha casa de campo próxima a Toledo. Durante varios meses, foron creando a atmosfera necesaria para, paso a paso, conseguir o concepto e a sonoridade que buscaban para o novo álbum, profundando nun son máis primitivo, máis intenso, con máis matices, máis denso, máis eléctrico... e co único obxectivo final de poder dar renda solta a toda a súa creatividade.
O produto final, La Grieta, é un disco no que cada parte é fundamental para entendelo enteiro e que require dunha escoita pausada e atenta. Dez cancións dun corte transversalmente emocional, pero cada unha cunha enorme personalidade. Todas flúen baixo unha gran sensibilidade vocal que en moitos casos é literalmente rota por unha tormenta instrumental, nunha sorte de equilibrio maxistral que poucos artistas son capaces de alcanzar.
ACTUARÁ TAMÿN A BANDA SMILE
Xunto a Jero Romero, ao escenario da Sala Karma subirase a banda Smile, un cuarteto de Getxo que chega co seu terceiro disco debaixo do brazo, Out of Season. O novo de Smile é un álbum no que o folk atópase con melodías pop, guitarras luminosas, coros taberneiros e unha necesaria dose de optimismo. Foi nomeado como un dos mellores traballos do ano por diferentes publicacións especializadas.
As entradas para este concerto están xa á venda a través de www.ticketea.com.
Relacionadas:
-
Jero Romero na Sala Karma, un concerto que deixou pegada no público pontevedrés
Por Alejandro Espiño |
-
Jero Romero: "Son eu o que canta e escribe, pero en todo o demáis La Grieta é bastante diferente ao disco anterior"
Por Alejandro Espiño |
-
A banda vasca John Berkhout actuará o sábado 21 de febrero na Sala Karma
Por Redacción |
-
Jero Romero: "Tiña ganas de volver a Galicia con banda. Gústame moito o que imos ofrecer aquí"
Por Alejandro Espiño |