A tempada teatral de Afundación para 2015 pon os abonos á venda
Por Redacción
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) ten á venda dende este luns ata o 15 de xaneiro os aboamentos para a tempada teatral 2015. Están dispoñibles na web de Servinova e no despacho telefónico, 902 504 500.
Ademais do aforro que supón o aboamento, un 20% con respecto aos prezos dos billetes soltos, a fundación ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supoñen unha rebaixa adicional dun 10% no prezo dos aboamentos.
Na súa tempada teatral para 2015, Afundación achegará a Pontevedra a directores e actores xa consagrados, referencias no panorama teatral galego e nacional. María Galiana, Lola Herrera, Héctor Alterio, Juan Echanove, Ramón Fontseré, Antonio Durán Morris ou Cándido Pazó son algúns dos nomes que conforman os elencos e, como directores, hai nomes como Ramón Fontseré, Juan Echanove, Tristán Ulloa, Gabriel Olivares e Cándido Pazó.
A primeira cita será o día 31 de xaneiro ás 20.30 horas coa obra Conversaciones con mamá de Santiago Carlos Oves e dirixida por Juan Echanove, quen tamén participa no elenco xunto a María Galiana. Jaime, de 50 anos, convive coa súa nai de 82, aínda que en mundos moi diferentes. El ten muller, dous fillos, unha fermosa casa, dous coches e unha sogra que atender. Ela arránxase soa e vai levando a súa vellez con dignidade. Non obstante, un día acontece o inesperado: a empresa para a que traballa Jaime déixao na rúa por razóns de readaptación do persoal. A situación condúceo a decisións drásticas por non poder manter o seu nivel de vida.
A tempada clausurarase o 29 de abril coa representación de O xardín suspenso de Abel Neves. Dirixida por Cándido Pazó, a obra representa a Lucía, unha muller que se entrega a un amor non correspondido. Ela é unha moza arquitecta que investiu todas as súas enerxías en construír un depurado xardín sen plantas. Ademais, o espectáculo supón unha navallada atinada dirixida ao corazón das verdades que adoitamos dar por supostas e das aparencias que vestimos cada vez que saímos de casa.
Relacionadas:
-
Amor, soños e morriña conviven na nova cita teatral de Afundación: 'En construcción'
Por Redacción |
-
Como sobrevivir á perda do emprego da man de María Galiana e Juan Echanove
Por Diego Torrado |
-
As 'conversas' entre María Galiana e Juan Echanove, primeira cita teatral de 2015 en Afundación
Por Redacción |
-
O auditorio de Afundación contáxiase da forza de Pardo Bazán en 'Insolación'
Por Diego Torrado |
-
Nuria González loita contra o tempo en clave de comedia en Afundación
Por Diego Torrado |