Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día?
Por Diego Torrado
A compañía EducaTeatro Producións interpretou unha adaptación do popular conto dos tres porquiños nunha peza dirixida a público familiar con nenos de 3 a 7 anos.
Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían encontrar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para presentarse?
A resposta a todos estes interrogantes, como todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que foi construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque en busca dos seus personaxes favoritos.
EducaTeatro Producións está formado por un nutrido grupo de profesionais das artes escénicas e musicais co asesoramento de mestres e pedagogos de contrastada experiencia no terreo da educación.