Non hai Nadal sen panxoliñas
Por Diego Torrado
Este fin de semana coincidiron dúas citas musicais coas panxoliñas como protagonistas.
Organizado polo Concello de Pontevedra tivo lugar este domingo no Teatro Principal un Festival de Panxoliñas no que participaron as agrupaciones corales: Amigas de Mourente, O Chopo, Airiños de Campañó, Alameda e Bela Helenes.
Tamén a igrexa parroquial de San Salvador de Poio acolleu o XVI Certamen de Panxoliñas, organizado pola Coral de Poio e que contou ademais con actuacións das corales Voces amigas de Mourente, Virxe do Carmen de Porto de Son.
E este domingo a Banda de Música de Pontevedra xunto a Banda de Municipal de Santiago repetiron actuación no Auditorio de Galicia cun repertorio conformado con obras de Sparke, Schmitt, Saint-Saëns e Igor Stravinsky.