A danza do Víctor Ullate Ballet contaxia ao público no Pazo da Cultura
Por Diego Torrado
A compañía Víctor Ullate Ballet ofreceu este venres unha vistosa representación no Pazo da Cultura de Pontevedra co seu espectáculo A Arte da Danza.
A figura nacional da danza e a súa compañía, composta por un corpo de 19 bailarines, fixeron gozar ao público pontevedrés nunha animada velada.
No espectáculo, coreografiado polo propio Víctor Ullate e Eduardo Lao, interpretáronse pezas moi variadas, desde clásicas a bandas sonoras como a da película Gilda ou temas de artistas como Caetano Veloso ou Bebe.
Para completar unha xornada redonda, o público que adquirira a entrada de xeito anticipado puido acceder a un ensaio xeral horas antes da función.
O Ballet Víctor Ullate conta cunha traxectoria de 25 anos e é unha das compañías españolas máis importantes a nivel internacional.