Viaxe no tempo con Mariquita Pérez
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
ÿ requisito indispensable que os nenos acudan ao Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acompañados dos pais, ou preferiblemente dos avós. Fagan caso e déixense aconsellar. E é que a visita á mostra O Xoguete español. Un século de historia, esixe dunha explicación por parte daquelas xeracións de nenos que pasaron longas horas gozando con algún destes xoguetes que hoxe son obxecto de culto.
A estrela da exposición ten nome propio: Mariquita Pérez.
Inicialmente fabricáronse mil bonecas e para sorpresa da súa creadora, Leonor Coello de Portugal, vendéronse todas en pouco tempo. A pesar de que valían cen pesetas, unha fortuna naquel ano 1938.
A boneca continuouse producindo ata 1976 deixando a súa pegada en varias xeracións de nenas. Na exposición tamén se pode ver ao seu irmán Juanín, cun traxe de luces deseñado pola mesma modista que coseu o orixinal que vestiu o toureiro Manolete, que se vendía ao prezo de 500 pesetas.
Os responsables desta exposición esperan que sexa un éxito notable. ÿ ademais unha oportunidade para viaxar no tempo e achegarse a unha parte da historia contemporánea de España, dado que o mundo do xogo está estreitamente vinculado aos cambios sociais, económicos, técnicos, culturais e mesmo políticos das diferentes fases históricas.
Durante a duración da mostra, haberá visitas guiadas dirixidas polo persoal do Gabinete Didáctico do Museo todos os venres ás 19:00 horas e os sábados ás 18:00 horas, que se sumarán ás que realizaran os comisarios da mostra o 16 de xaneiro (ás 19:30 horas), e o 17 de xaneiro (ás 12 horas).