O pintor Ignacio Fidalgo expón na Delegación da Xunta
Por Redacción
A sala de exposición do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra acolle a mostra do artista Ignacio Fidalgo Paz.
A exposición componse de 22 pinturas e 5 debuxos que reflicten a realidade a través dos ollos do artista, viaxando dende o surrealismo ata o hiperrealismo.
A súa pintura é figurativa, moi perfeccionista e dun exquisito coidado durante todo o proceso de creación, dende a elaboración persoal dos soportes das súas obras ata o máis mínimo detalle final.
Ignacio Fidalgo Paz naceu nas Palmas de Gran Canaria. De ascendencia galega, atópase moi vinculado a localidade de Canido, onde pasa longas tempadas. ÿ licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Obtivo unha beca de pintura da facultade de BBAA da mesma universidade e posúe o premio de pintura do concello de Ayllón.
Participou en numerosas exposicións colectivas, sendo ista a súa primeira exposición individual. A súa obra atópase en diferentes museos, fundacións e en coleccións privadas.
A exposición de Ignacio Fidalgo Paz permanecerá aberta na sala de exposicións da Delegación Territorial ata o próximo 31 de decembro en horario de 9 a 14 horas da mañá de luns a sábado.