"O feo" no ciclo Ponteatro, unha divertida e mordaz reflexión sobre a obsesión pola beleza e o éxito
Que é o que nos define como persoas? ÿ a reflexión que a compañía de teatro Catrocadeiras invitou a facer aos pontevedreses este xoves. Eles foron os protagonistas dunha nova cita co ciclo Ponteatro, no que sete compañías gallegas de reconocida traxectoria están a presentar os seus novos espectáculos.
Desta vez, o Teatro Principal acolleu, con grande éxito de público, a representación da obra O feo, unha comedia baseada no texto do recoñecido autor alemán Marius Von Mayenburg e dirixida e adaptada por Juan Carlos Corredoira.
A obra, interpretada polos actores Machi Salgado, Laura Campos, Manuel Polo e Xoán Abreu, contaba a historia de Lette, un home que se consideraba unha persoa normal. Traballaba duro como enxeñeiro e gozaba dun matrimonio tranquilo, sen sobresaltos. Pero un día descubriu unha terrible verdade: é espantosamente feo.
Así comeza O feo de Marius Von Mayenburg, unha comedia que dun xeito divertido e mordaz denuncia a nosa obsesión pola beleza e polo éxito, obrigándonos a reflexionar sobre o que realmente define ao ser humano como persoas no mundo actual.
Catrocadeiras representará unha segunda función de O feo en Pontevedra. Será este venres, unha sesión concertada para alumnos de centros escolares de Redondela, Ponte Caldelas, Marín e Poio.
Relacionadas:
-
Cada xoves deste outono 250 espectadores botáronlle teatro á vida
Por Redacción |
-
'Improperio D.F.', o teatro improvisado da compañía Triatreros pecha este xoves o ciclo Ponteatro
Por Alejandro Espiño |
-
'Bye bye, honey', un musical "duro, acedo e descarnado" que chega a Pontevedra dentro do ciclo Ponteatro
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
"Impreuna", o circo feito en Galicia, marabilla o público pontevedrés no Pazo da Cultura
Por Mónica Patxot |
-
Boa acollida en Pontevedra a "Meu Ben" de Eme2, terceira cita co ciclo Ponteatro
Por Diego Torrado |