Vilanova recorda a Ramón María del Valle-Inclán
Por Redacción
Un 28 de outubro nacía en Vilanova de Arousa o escritor Ramón María do Valle-Inclán que tal día coma hoxe cumpriría 148 anos e a vila quixo rendirlle unha homenaxe cunha ofrenda floral na Praza do Castro, ante a escultura do escritor.
O acto finalizou coa actuación do grupo O Con Grande, que interpretou a peza O son da muiñeira, musicada por Rogelio Villar e á que Valle-Inclán lle puxo letra en 1917. O evento contou coa participación de escolares e do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que destacou as actividades que se van desenvolver entre Xunta e Deputación para recordar a figura do dramaturgo.
Entre as actividades desta conmemoración encóntrase a inauguración da mostra "i" de Inclán, que foi inaugurada tamén durante a mañá deste martes, antes da ofrenda floral. Nesta exposición situada na Casa Museo Valle-Inclán, os xornalistas Laura Sanisidro e Rubén Luengo intérnanse na faceta do escritor a través do xénero da entrevista.
O venres 31 finalizarán os actos desta homenaxe cunha xornada na que, entre as 17.00 e as 18.00 horas vaise recrear a viaxe en barco dende A Pobra do Caramiñal ata Vilanova de Arousa, tal e como a narrou o escritor en Romance de lobos.