Arte para dar voz á hepatite C, a enfermidade silenciosa
Por Redacción
A ausencia de síntomas pode provocar que unha persoa con hepatite C, unha patoloxía viral que pode causar cirrose ou cancro de fígado, descoñeza durante anos que padece esta "enfermidade silenciosa". Así a definiron os pacientes cos que se reuniron José Manuel Vidal, Moisés Escudero, Ainara Herrera, Susana Robles e Iria García, cinco estudantes da Facultade de Belas Artes que participan nun proxecto da Cátedra Arte e Enfermidade da Universidade Politécnica de Valencia, dirixido a outorgar visibilidade, a través da arte, á realidade que rodea a esta doenza.
Inspirándose no relato das persoas que a padecen, estes cinco alumnos crearon unha serie de obras nas que reflectían tanto ese silencio que rodea á doenza como o momento traumático que supón ter coñecemento da enfermidade.
Nesta ocasión, foron cinco os estudantes seleccionados para un proxecto que comezou en xuño cunha reunión con integrantes da Asociación Galega de Transplantes Airiños.
O traballo destes alumnos culminouse hai unhas días co envío das obras a Valencia, onde serán seleccionadas para participar en diferentes exposicións.
Relacionadas:
-
RADIO.- Medallas para agradecer unha segunda oportunidade de vida
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- O pontevedrés Carlos Sánchez viaxa a Málaga para os seus primeiros Xogos Mundiais para Trasplantados
Por Marisa Ciordia |
-
A Corporación provincial pide medicinas contra a hepatite C
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas impulsan mocións pedindo os novos medicamentos para os enfermos da hepatite C
Por Redacción |
-
"Eles ven o seu negocio, pero a min estanme restando días de vida"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Colexio de Médicos considera "inaceptables" as demoras na dispensa de 'Sovaldi'
Por Redacción |