Traca final no Culturgal con Manuel Rivas, Fina Casalderrey e Martelo
Por Anxo Lourido
Chega a última xornada de Culturgal e o Recinto Feiral de Pontevedra contará con actividades ata última hora da tarde deste domingo 2 de decembro.
As actividades comezarán ás 11:30 con Cantigas de Mulleres mentres Pupi Apertas visitará o cuarto dos nenos. Media hora máis tarde a Feira acollerá numerosas actividades entre as que destaca a ruta e degustación de pan de landras e plantas silvestres comestibles na zona do Faiado. Eloy Varela e a escritora pontevedresa Fina Casalderrey presentarán a película Dúas letras no Garaxe. Ás 13 h. será o momento para as conversacións de salón, María Solar con José Domingo, Xavier Alcalá e os lectores de Espazo Lectura con Agustín Fernández Paz.
O cómic tamén terá protagonismo ás 13:30 coa representación escénica de Castelao Titoán por Ignacio Vilariño e Benxamín Otero.
As actividades continuarán pola tarde a partir das 16:30 h. coa música de Martelo no Patio. Á mesma hora, o escritor Camilo Franco falará sobre as dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño, actor, dramaturgo e director teatral a quen se dedicará a próxima celebración do Día dás letras galegas. A Asociación que leva o seu nome tamén presentará ao longo da tarde a Obra completa de Vidal Bolaño.
Ás 17:30, o escritor Manuel Rivas falará do seu último traballo: As voces baixas. Á mesma hora, Marina Oural desenvolverá un obradoiro de Danza MOV no Cuarto dous Nenos.
E xa no tramo final, Talía Teatro representará unha escenas de Bicos con lingua, espectáculo que cumpre xa 10 anos. Haberá un recital de poesía de Daniel Costas e a xornalista Belén López manterá unha charla cos escritores Manuel Lourenzo, Teresa González Costa e Teresa Moure. A actuación musical de MounQup con voces anxelicais e bases rítmicas creadas fronte ao público pechará a edición de Culturgal deste ano.
Relacionadas:
-
Cartel "a toda máquina" para o Salón do Libro
Por Redacción |
-
Culturgal pecha a porta: "Ver tanta xente dános ánimos para seguir neste oficio"
Por Redacción |
-
Traca final no Culturgal con Manuel Rivas, Fina Casalderrey e Martelo
Por Anxo Lourido |
-
Tradición e novas tecnoloxías únense en Culturgal
Por Redacción |
-
Dez anos de Cantos na maré
Por Anxo Lourido |
-
Cultura para todos en Culturgal
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Culturgal agasallará música en vivo
Por Redacción |
-
O Speaker's Corner pontevedrés
Por Oskar Viéitez |
-
Culturgal, menos cartos máis actividade
Por Redacción |
-
A quinta edición de Culturgal celebrase en Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro
Por Redacción |