Raxó analiza a investigación científica en lingua galega
Por Redacción
O Centro Cultural Xaime Illa de Raxó acollerá unha nova edición das Xornadas Estivais, un foro de debate no que se analiza a actualidade coa participación dos veciños.
Nesta décimo sexta edición, o tema que se debaterá será o da ciencia en Galicia e o uso da lingua galega en diversos campos da investigación científica. Desenvólvense ao longo de tres sesións en formato de dous relatorios seguidos por un coloquio co seguinte programa:
- Martes 16 de setembro: Sectores produtivos en galego. Pablo Belay (xeopesca) e Manuel Buján (PortoMuíños)
- Mércores 17: O galego na rede. Marcus Fernández, da Asociación PuntoGal, e Víctor López, presidente de Eganet, empresarios galegosen internet.
- Xoves 18: O galego na empresa. Antonio Montero (Zeltia) e Xosé González (Asociación de funcionarios para a normalización lingüística)
As xornadas son de entrada libre. Comezarán ás 20.30 horas e terán unha duración de 90 minutos.
Estas Xornadas Estivais son organizadas pola SCD Raxó e pola Concellaría de Cultura de Poio.