Carmen Martínez Riveiro presenta 'O fogar do carriciño' no Centro Cultural de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Centro Cultural de Ponte Caldelas completou o seu aforamento coa presenza de numerosos nenos na presentación do último conto infantil, 'O fogar do carriciño' da escritora de Rebordelo, Carmen Martínez Rivieiro.
A autora presentou os distintos personaxes que protagonizan a historia e reivindicou entre o público infantil a solidariedade cos nenos que sofren fame e a loita contra as guerras no terceiro mundo. A escritora sinalou que o diñeiro que se recade da venda de exemplares deste libro irá destinado a Aldeas Infantís SOS.
A esta presentación acudiu o alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, dentro das actividades programadas con motivo da Festa dos Dolores, que se celebra no municipio.
Durante a xornada tamén se ofreceu unha representación de teatro infantil a cargo do grupo de Miro Magariños na Biblioteca do Centro Cultural.
Durante este xoves 28 está programado un espectáculo de maxia a cargo de Leo Leiño no Centro Cultural a partir das 19.00 horas. E a continuación desenvolverase unha conferencia a cargo da historiadora local Mercedes Martínez Plasencia baixo o 'O Balneario (1895-1910)'. A xornada pecharase coa proxección na Alameda da película 'Los Becarios'.