Este xoves chega a última visita teatralizada deste verán polo centro histórico
Por Redacción
O vindeiro xoves,28 de agosto, desenvolverase a última das visitas teatralizadas polo Centro Histórico de Pontevedra que realiza Migallas Teatro. A compañía teatral vén poñendo en marcha estas actuacións durante este verán para mostrar a cidade a través da colaboración de Visit-Pontevedra, a Deputación provincial e a Asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
Esta visita faise en lugar dunha das que estaba programada para o mes de xullo e que tivo que ser aprazada por causa da chuvia. Comezará a partir das 22.00 horas detrás da Casa do Concello e as entradas poderán adquirirse no mesmo lugar desde media hora antes do inicio da visita guiada, a un prezo de 5 euros.
A compañía Migallas Teatro é unha formación teatral de Pontevedra formado, entre outros integrantes, por María Campos, Beatriz Campos e Carlos Yus.