"Visións dun cego" de Teatro Atlántida de Matamá abrirá o segundo semestre de PoioEscena
Por Redacción
A SCD Samieira será a encargada de iniciar a programación do segundo semestre de PoioEscena 2014. Farao coa obra Visións dun cego, posta en escena por Teatro Atlántida de Matamá. A cita será este sábado 26 de xullo no salón de actos da Casa do Pobo de Río de Bois.
En Visións dun cego veremos como unha compañía de teatro prepárase para representar unha obra durante o Entroido. A peza, que acontece hai máis de cen anos, relata a travesía do cego Saturio á hora de renovar o seu repertorio coa axuda de nomes recoñecidos da literatura galega.
ÿ así como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Curros Enríquez e outros personaxes inesperados acaban por entrar no mundo onde os soños mestúranse coa lucidez e no que as máscaras se confunden cos actores e actrices.
A obra ten unha duración aproximada duns 70 minutos e está dirixida por Vanesa M. Sotelo.
O ciclo anual de teatro PoioEscena está organizado pola concellaría de cultura de Poio e as asociacións Armadiña de Combarro, SCD Samieira e SCD Raxó.