Premio italiano para un conto editado en Monte Porreiro
Por Anxo Lourido
Cuore dei sarto, a edición en italiano de O corazón do xastre dos autores Txabi Arnal e Cecilia Varela, obtivo o Premio Vittoria Samarelli. Esta distinción recoñece a calidade daqueles libros que nacen para "coñecer, crear e crecer". A editorial que publicou o libro nas súas versións en galego e en castelán é a pontevedresa OQO Comunicación con sede na urbanización de Monte Porreiro.
Esta editorial aposta polo álbum ilustrado de produción propia, pola existencia dun espazo de creación para autores e ilustradores de diferentes sensibilidades, para que cada libro sexa único e diferente. E ata agora, a editorial suma xa numerosos premios de carácter internacional.
Cal é o son do corazón? E por que latexa? Estas preguntas son as que moven a premiada historia dun vello xastre que vai iniciar unha viaxe emocionante. Os textos do escritor vasco Txabi Arnal e os debuxos da arxentina Cecilia Varela.
Os libros de OQO poden gozarse en italiano, grazas á colaboración da edición con Logos Edizioni. No caso de O corazón do xastre, ademais de en italiano, castelán e galego, tamén está publicado en portugués e francés.
A cerimonia de entrega do galardón será o domingo 2, na Sala consiliare del Comune del Castelo Goffedo, situado na provincia de Mantova en Lombardía.