Homenaxe a Manuel Cuña Novás
Por Redacción
Este luns, 26 de novembro, ás 20:15 horas, o Teatro Principal de Pontevedra, acollerá a homenaxe ao poeta pontevedrés Manuel Cuña Novás (1924 1992). O evento contará cun recital poético musical a cargo do Grupo Trilitrate. Os versos serán recitados por Dolores Omil e Miguel Ángel Cuña.
Manuel Cuña Novás é autor de Fabulario Novo, un poemario publicado en 1952 que, a xuízo de numerosos autores, marcou un cambio fundamental na poesía en lingua galega. Súa obra poética posterior, con algúns textos en galego e outros en castelán, foi difundida polo propio poeta, logrando unha destacada e recoñecida influencia na poesía galega da segunda metade do século XX.
O Grupo Trilitrate que actúa nesta cita é un trio acústico de violín, acordeón e guitarra, formado por Elena Vázquez (violín), Rubén Abad (guitarra) e Marcos Padrón (acordeón). A sua proposta musical é instrumental e abrangue temas propios de estilos moi diversos como o jazz, clásico, tango, country, rock, improvisación, música tradicional... e outros estilos inéditos como é o caso do hardcore acústico ou as baladas tinhatianas.