'Clases de lo social' inicia a rodaxe da segunda temporada con máis protagonismo feminino
Por Redacción
A segunda tempada da webserie Clases de lo social,dirixida por Pablo Cacheda, comezará a rodarse o luns 28 de abril no Instituto Sánchez Cantón cunha maior presenza feminina en relación coa primeira tempada.
No acto de presentación, a concelleira de Turismo, Carlota Román destacou que os cinco capítulos da primeira tempada, protagonizada por Santi Romay, obtiveron máis de 26.000 visitas ao longo de seis meses. A partir da próxima semana gravaranse sete novos episodios cun equipo de 25 persoas.
O director, Pablo Cacheda, indicou que nesta nova entrega a protagonista feminina, Sabela Arán, gañará espazo na trama e destacou a importancia que a guionista Diana López tivera para ofrecer outro punto de vista: "los guiones experimentaron una mejoría porque son más graciosos". Cacheda puxérase en contacto con Diana López polos textos que tiña escrito sobre zonas como O Campillo de Pontevedra, antes de que a guionista e xornalista obtivera unha importante popularidade co seu artigo 'Mi coño'. Traballaron durante catro meses neste proxecto que tambien contará, nesta ocasión, con profesoras das Clases do Social como a que interpretará a actriz Mayka Braña nesta nova entrega.
A previsión de Pablo Cacheda é que a serie poida estar na Internet a partir do mes de setembro. O proxecto está apoiado pola Pontevedra Film Commission xa que a cidade sairá reflectida nun 75% da filmación.
Relacionadas:
-
Pontevedra acollerá en febreiro a rodaxe da curtametraxe "Wendyland is dead"
Por Redacción |
-
A webserie 'Clases de lo social' estrea a súa segunda tempada no IES Sánchez Cantón
Por Redacción |
-
Pontevedra ten 'Fame' de webseries
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A webserie Clases do social, primeiro proxecto da Pontevedra Film Commission
Por Anxo Lourido & Diego Torrado |