A ilustradora vilagarciana Enma Ríos, candidata aos premios 'ÿscar' da banda deseñada
Por Redacción
Chámase Enma Ríos Manero (Vilagarcía de Arousa, 1976) e é licenciada en Arquitectura pola Universidade da Coruña, aínda que a súa dedicación profesional se dirixiu cara ao mundo do cómic. Agora, o seu nome soa con forza no ámbito internacional porque a súa portada para a historia de 'Pretty Deadly' foi escollida como candidata aos prestixiosos Premios Will Eisner, que se entregan no mes de xullo.
A moza compite con outros cinco aspirantes, entre os que se encontra o valisoletano David Aja, que en 2013 lograba dous premios Eisner.
Enma Ríos comezou a dedicarse profesionalmente ao cómic en 2008, a través dunha proposta laboral de Boom! Studios. A partir dese momento comezou a recibir encargos de Marvel, que sobre todo lle propón debuxar historias protagonizadas por mulleres. En España, esta debuxante autodidacta publicou unha adaptación de Amadís de Gaula e historias curtas.
'Pretty Deadly', o traballo polo que foi nomeada, trátase dun western protagonizado por unha asasina, que realiza en colaboración coa guionista Kelly Sue DeConnick dende o ano 2012.