A mellor banda do mundo imitando a Queen actuará en Vilagarcía en xuño
Por Redacción
A música de Queen soará en Vilagarcía o 13 de xuño con motivo do concerto que ofrecerá a mellor banda tributo do mundo no Auditorio. Trátase do grupo arxentino Doutor Queen, unha formación aclamada polos seguidores da banda que lideraba o desaparecido Freddie Mercury e que recrea á perfección tanto o aspecto musical coma a posta en escena dos auténticos Queen.
O Freddie Mercury Memorial Day recentemente proclamou a esta banda como a número un nestas imitacións. Dr. Queen fai escala en Vilagarcía no seu cuarto tour en España, despois do rotundo éxito de público e de crítica que tiveron o pasado ano en Galicia.
No espectáculo soa temas tan coñecidos como Bohemian Rhapsody, I was born to love you, The show must go on ou composicións como Barcelona.
As entradas para asistir a este concerto xa están á venda a través de servinova ou no teléfono 902.504.500 ao prezo de 22 euros para as zonas A e B e 20 euros para a zona C. As entradas na billeteira alcanzarán un prezo de 25 euros.