Alejandra Sampedro trae a Pontevedra o seu 'Mar de crebas'
Por Redacción
O próximo venres día 7 de marzo a galería About Art de Pontevedra celebra a inauguración da exposición Mar de crebas: zozobra de Alejandra Sampedro (Valencia, 1988), que forma parte das actividades incluídas no Festival Miradas de Mulleres, que durante o mes de marzo se realizan en diferentes espazos de todo o país e cuxo catálogo foi presentado recentemente en ARCO, coa colaboración de diversas sedes galegas como o Museo de Pontevedra, a Galería Trinta de Santiago, a Sala X de Universidad de Vigo e a galería About Art, entre outras.
A exposición, de base escultórica, integra tamén imaxes fotográficas que completan o proxecto con afán de localización.
Todas as obras teñen un nexo común, a creba, concretamente as recollidas no litoral de Cabo Silleiro en Baiona, arredor do Vello Faro onde o avó da artista traballou como fareiro durante anos, e pasa a ser un lugar no que discorren moitos recordos da infancia.