Suspenden a procesión dos Pasos deste Xoves Santo ante as inclemencias do tempo
Por Anxo Lourido & Diego Torrado
Trátase dunha das procesións con máis participación da Semana Santa pontevedresa na que interveñen sete confrarías. A predición de chuvias intensas durante a tarde e a noite deste xoves 28 motivadas pola borrasca Nelson levaron a que a organización adoptara esta medida sete horas antes do comezo