En pouco tempo, volveremos a gozar do estanque do Parque das Palmeiras, que recuperará a esencia do que foi desde os anos 50. A maioría das persoas temos fotografías nese auténtico photocall urbano. Cando rematen as actuais obras de restauración, faremos unha exposición coas fotos recibidas.
Podes traer a túa foto directamente ao Concello (Michelena, 30, pranta 3, Alcaldía), ou enviala en formato electrónico desde esta páxina. Se queres, dinos a data da foto e as persoas que nela aparecen, aínda que non é preciso e podes envialas conservando o anonimato.