Festas do verán de Pontevedra

2203

Música de bandas

Sábado, 2 de xullo

    • 21.00 h. XI Ciclo de BMS. Concerto da Banda de Música de Salcedo e da Banda Municipal de Narón. Praza do Teucro

Domingo, 3 de xullo

    • 21.00 h. XI Ciclo de BMS. Concerto da Coral Polifónica de Salcedo e Coral Maruxía de Bueu. Teatro Principal

Xoves, 7 de xullo

    • 21.00 h. Xoldra na Eira. Concerto da Banda de Música de Pontevedra, Banda de Gaitas de Forcarei e Xiana Lastra. Praza do Teucro

Venres, 12 de agosto

    • 21.00 h.  Concerto man a man. Banda de Música de Pontevedra e Banda de Música de Salcedo. Praza da Ferraría

Martes, 23 de agosto

    • 21.00 h. Concerto de San Bartolomeu. Concerto da Banda de Música de Salcedo. Praza de Jose Martí

XVII Memorial Ricardo Portela. Homenaxe a Basilio Carril

Venres 8 e sábado 9 de xullo

Festival Flop. Son, natureza e liberdade

9 de xullo. Parque do Gafos. De 12.00 a 00.00 horas

Romaría de San Bieito de Lérez

11 de xullo

    • 10.30 h. Saída dos grupos de música tradicional desde o Concello até os salóns do Lérez. Os Gaiteiros das Rías Baixas
    • 11.30 h. Romaría popular. Praia fluvial do Lérez
    • 11.45 h. Actuación dos Gaiteiros das Rías Baixas e Os Alegres
    • 12.00 h. Mexilloada popular. Praia fluvial do Lérez
    • 13.00 h. Concerto da Banda de Música de Pontevedra. No adro do Mosteiro de San Bieito de Lérez
    • 17.00 h. Actuación dos grupos Pandeireteiras de Aturuxo Pequeno e Pandeireteiras de Verducido. Nas beiras do río Lérez
    • 22.00 h. Verbena no adro do Mosteiro de San Bieito de Lérez: orquestra Channel

XXIV Festival Internacional de Jazz & Blues

Do mércores 13 ao luns 18 de xullo

Ciclo de teatro, música, maxia e circo: Cultura no Camiño

Do luns 18 de xullo ao domingo 24 de xullo

Luns 18 de xullo

    • 19.30 h. Teatro infantil: Ghazafelhos. Acuario. Praza do Teucro

Martes 19 de xullo

    • 19.30 h. Maxia infantil: Expresión Produccións. Trío de Ases. Praza do Teucro

Mércores 20 de xullo

    • 19.30 h. Teatro/musical: Golfiños. Golfiños. Praza do Teucro

Xoves 21 de xullo

    • 19.30 h. Teatro: Polo Correo do Vento. O poeta do Miño. Praza do Teucro

Venres 22 de xullo

    • 19.30 h. Teatro/monicreques: Viravolta Títeres. Barriga Verde. Praza do Teucro

Sábado 23 de xullo

    • 19.30 h. Música: Magín Blanco. A Banda das Apertas. Praza do Teucro

Domingo 24 de xullo

    • 19.30 h. Novo Circo: Duende Sico. Picadillo Circus. Praza do Teucro

Cinema na Lúa

Do mércores 20 de xullo ao domingo 24 de xullo

Mércores 20 de xullo

    • 23.00 h. Samba. Comedia, drama. Praza da Pedreira

Xoves 21 de xullo

    • 23.00 h. Bestias del sur salvaje. Drama, fantasía. Praza da Pedreira

Venres 22 de xullo

    • 23.00 Free Birds (Vaya pavos). Animación. Praza da Pedreira

Sábado 23 de xullo

    • 23.00 h. Los mundos de Coraline. Animación. Praza da Pedreira

Domingo 24 de xullo

    • 23.00 h. Guillaume y los chicos, ¡a la mesa! Comedia. Praza da Pedreira

Festas de Santiaguiño do Burgo

Do venres 22 ao luns 25 de xullo

Venres 22 de xullo

    • 11.30 h. Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo do grupo Gaiteiros das Rías Baixas
    • 22.30 h. Verbena no recinto feiral: orquestra Anduriña

Sábado 23 de xullo

    • 11.30 h. Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo do grupo Gaiteiros das Rías Baixas.
    • 22.30 h. Verbena no recinto feiral: orquestras Dinastía e Terranova

Domingo 24 de xullo

    • 11.30 h. Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo do grupo de gaitas Gaiteiros de Algures
    • 20.00 h. Procesión polo barrio do Burgo para recoller as uvas e o millo, coa participación do grupo de gaitas Os de Algures
    • 22.30 h. Verbena no recinto feiral: orquestras Podium e Merengue

Luns 25 de xullo

    • 11.00 h. XIX Maratón Popular Santiago Peregrino do Burgo. Saída da Ponte do Burgo, avenida de Domingo Fontán e A Xunqueira do Vao
    • 11.30 h. Pasarrúas polo barrio do Burgo a cargo dos grupos Os de Algures e Dolmen
    • 12.30 h. Procesión e concerto da Banda Música de Pontevedra
    • 22.30 h. Verbena no recinto feiral: orquestra Cosmos de Vigo
    • 24.00 h. Fogos de artificio na beira do río, Pirotécnica Penide (entre a Ponte do Burgo e a ponte de Santiago)

Martes 26 de xullo

    • 20.00 h. XVIII Festa Homenaxe ás Persoas Maiores. Os Alegres. Teatro Principal

Festixeve 2016

Sábado 23 e domingo 24 de xullo

Campo de Vilar de Fragoso, Santo André de Xeve

15 Bolos

O mércores 27 e o xoves 28 de xullo

Paseantes

Venres, 29 e sábado 30 de xullo

Animatrón

Do martes, 2 ao venres, 5 de agosto

No parque das Palmeiras

    • 18.00 a 21.00 h. Actividades de animación, zancudos, paiasos, monociclistas, ludoteca “Constrúe a túa nova cidade”.
      • Actuacións: home orquestra, xogos musicais, monicreques e maxia.
      • Obradoiros temáticos distintos cada día: “Ponte-chez”, “Mundo-globo”, “Circo”, “Olimpíadas”

Xornadas musicais en San Roque

Do luns 1 ao sábado, 6 de agosto. Na Praza de Irmáns Pazó Montes

Luns, 1 de agosto

    • 20.30 h. Concerto dos Black Stones

Martes, 2 de agosto

    • 20.30 h. Concerto do Trío Nostalgias

Mércores, 3 de agosto

    • 20.30 h. Concerto de Fanfarria Furruxa

Xoves, 4 de agosto

    • 20.30 h. Concerto da Banda de Música de Pontevedra

Venres, 5 de agosto

    • 20.30 h. Concerto da Orquestra do IES A Xunqueira I, Nenos no Jazz

Sábado, 6 de agosto

    • 20.30 h. Concerto da Banda de Gaitas Manxadoira

Itineranta. VII Festival Internacional de Animación de Rúa

Do  martes 9 ao xoves 11 agosto. Prazas e rúas do centro histórico

XVI Festa do Demo

Martes 23 de agosto

    • 12.30 h. Saída do Demo e do seu séquito dos Arcos de San Bartolomeu para percorrer as rúas e prazas do centro histórico.
    • 20.00 h. A comitiva do Demo volve percorrer a cidade facendo burlas, xogos e trasnadas.
    • 21.00 h. Concerto de San Bartolomeu ofrecido pola Banda de Música de Salcedo na praza de Jose Martí
    • 21.30 h. Foliada do Demo con: Orquestra Fiadeiro e Os Chichisos. Praza de Curros Enríquez

Ponte Coqueta

Sábado 27 de agosto. Praza de Curros Enríquez

XVII Feira Franca

Do venres 2 e sábado 3 de setembro

A MÚSICA

Non hai nada máis máxico que a música, nada máis intimo, a creación mesma. Ha de vir Feira Franca, chea de festa e de músicas, así o decidiu o Consello; honrar a maxia mesma, a aqueles que traen ledicia, que provocan bailes, sentimentos, bágoas, que mesturan sorrisos con lamentos, que xeran estoupidos íntimos de amor.

Músicos de aquí e de alá, que enchen as rúas de festa, que convidan a bailes eternos, que permanecen nas pedras, músicos que han de vir e han traer consigo xantares, convivencias de familias e amigos prestos para o baile e o namoro, camiñantes de lonxe, máis alá do Seixo e do mar de Marín, han de vir camiñantes doutros anos que ficaron enfeitizados polo poder da festa, pola ledicia que transcende e que fica ata máis alá do Nadal.

Vinde vós tamén señores, donas, vasalos, xente do común, os de Xeve, cabaleiros e donas de Campañó, Alba, Ponte Sampaio, da Canicouva, de terras de preto e lonxe.

Hai Feira Franca 2 e 3 de setembro, para curar os males, para traer a ledicia, para fiar musicas e bailes, para crer no porvir.

Haberá asados, delicias de ultramar, xoias, enfeites, mesturas de todo tipo, sal de cores, varas de San Antón, cura pezoñas, mexo de cabra, colares de ósos de balea, pergamiños de poemas de amigo… vinde… non deixedes pasar anacos de pasado, oportunidades de felicidade, anaquiños de amor.

Vinde, hai Feira Franca na ilustre vila de Pontevedra e hónrase a músicos e trobadores, gaiteiros, tocadores de zanfona, arpa, salterios, ilustres pandeireteiras… vinde.

Hai Feira Franca na ilustre vila de Pontevedra, chea de festa, música, alboradas, chea de harmonía, vida, hai Feira Franca e ha facerte feliz.

Avance do programa:

Venres, 2 de setembro, véspera da XVII Feira Franca

    • 18.30 h. Pregoeiros a cabalo anunciarán a feira nas prazas do centro histórico
    • 19.30 h. Pasarrúas de grupos de música, teatro, malabares
    • 21.00 h. Acto de apertura da XVII Feira Franca

Sábado, 3 de setembro, XVII Feira Franca

    • 11.00 h. Apertura do mercado medieval e dos postos de venda de alimentación
    • 12.00 h. Desfile do transporte do viño a cargo da Asociación Recriativa de Xeve. Saída dos arredores do convento de Santa Clara ata a praza da Peregrina
    • Durante toda a xornada haberá actuacións musicais e teatrais nas prazas, demostracións de oficios tradicionais, exhibicións de cetraría, obradoiros infantís, obradoiros de xogos tradicionais, etc.
    • 17.30 e 20.00 h. Torneo medieval. Praza de touros

Outras actividades

Do 30 de xuño ao 28 de agosto

    • Exposición “Do Final e do Comezo 2016”
      • De martes a venres de 17.00 a 21.00 horas
      • Sábados de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas
      • Domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas
      • Sala de exposicións do Pazo da Cultura

Do 15 de xullo ao 7 de agosto

  • Feira de artesanía e deseño “Chalana”
    • De 11.00 a 14.00 e de 19.00 a 23.00 horas. Paseo Antonio Odriozola

Do 13 ao 21 de agosto

  • XXVII Feira do Mel
      • De 10.30 a 14.00 e de 17.30 a 22.00 horas
      • Organizan: Concello de Pontevedra, CCU Zona Monumental e
      • Asociación de Apicultores de Pontevedra
      • Rúa Serra

ver-PDF

VER CATÁLOGO COMPLETO
das Festas do Verán