Un acto oficial e unha festa con grupos locais, celebración do premio ONU Habitat

633

Un acto público no Teatro Principal mañá e unha festa de rúa o venres, día 6, servirán para celebrar na cidade o Premio ONU Hábitat que a pasada semana foi entregado ao Concello de Pontevedra en Dubai.

O acto público de mañá iniciaráse ás 20 horas e constará de intervencións dos responsables municipais, ademáis dos parceiros que tomaron parte no proxecto: a Deputación de Pontevedra, a ONCE, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Stop Accidentes, a Fundación Meniños, a Federación de Asociacións de Veciños Castelao, a Asociación da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra e o Centro Comercial Urbano Zona Monumental.

Tamén se proxectarán varios vídeos con referencias aos actos protocolarios que tiveron lugar en Dubai os pasados días 23 e 24 de febreiro, elaborados expresamente para a ocasión, e que serán emitidos a través dunha pantalla led instalada para a ocasión.

A festa do venres terá lugar en diferentes prazas da cidade, e nela tomarán parte varios grupos musicais que teñen unha característica común: ser de Pontevedra.

Haberá animación de rúa con distintas charangas e gaiteiros toda a tarde; animación infantil nas prazas da Peregrina e Curros Enríquez; música tradicional ás 20 horas en Curros Henríquez; grupos de pop-rock do Local de Ensaio nas prazas da Verdura, Méndez Núñez e Teucro, para rematar cun concerto na Ferraría con Los Antonis (19,30h), Coribantes (20,30h) e Black Stones (22,45h).

Este programa foi presentado esta mañá polos concelleiros César Mosquera e Carme da Silva que animaron a toda a cidade e aos concelleiros veciños a achegárense a Pontevedra para participar da alegría e o orgullo de ter recibido un premio como este.

Programa festa