Ponteverán
— 2 CAMPAMENTOS DE TEMPO LIBRE “SUSTINEA” NO PARQUE NATURAL DO XURÉS. 1ª quenda: 1-8 xullo (13-15 anos). 2ª quenda: 9-16 xullo (10-12 anos)
— AULA DE NATUREZA E INTERPRETACIÓN (8-12 anos) 3 quendas: (1-14 xullo) (15-28 xullo) (29 xullo-11 agosto)
— OBRADOIRO DE LECER CRÍTICO-CONSTRUTIVO “Cando nas cidades chova chocolate” (8-12 anos) 6-10 xullo
— OBRADOIRO “Pontevedra polos 4 costados: terra, mar e aire” (8-12 anos) 13-17 xullo
— OBRADOIRO MUSICAL E ARTÍSTICO (12-15 anos) 20-24 xullo
— OBRADOIRO DE IGUALDADE: “Creamos un vídeo con Stop Motion” (8-12 anos) 27-31 xullo. Actividades culturais, deportivas e no medio natural
— OBRADOIRO “Música de andar por casa: instrumentos humildes da música tradicional” (todas as idades) (sábado 4 xullo)
— VII TORNEO DE FÚTBOL 7 MASCULINO E FEMININO “PONTEVERÁN-CAFyD”(14-30 anos) (4 e 5 xullo)
— ESTADÍA NO MEDIO NATURAL: AS FRAGAS DO EUME (18-35 anos) (21-23 agosto)
— APADRIÑA JAM 6.0 (a partir dos 15 anos) (25 xullo)
— SAÍDA PARA OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA (12-35 anos) (7 agosto)
— RUTAS EN KAIAK DE MAR (16-35 anos) (16 e 23 agosto)
— ORIENTACIÓN NOCTURNA NA ILLA DO COVO (a partir 8 anos) (29 agosto)
OBRADOIROS FORMATIVOS
— CURSOS DE INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO EN PONTE SAMPAIO (9-15 anos) (6-17 xullo) (20-31 xullo) (3-14 agosto)
— OBRADOIRO DE GRAFFITI “Do bosquexo á parede” (12-35) (6-10 xullo)
— OBRADOIRO DE HULA HOOP (12-35) (6-10 xullo)
— CURSO DE INICIACIÓN Á ESCALADA (14-35 anos) (29, 30 xullo e 1 agosto)
— INFORMÁTICA (14-35 anos) martes, mércores e xoves (1º curso: 7-30 xullo) (2º curso 4-27 agosto)
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
Oficina Municipal de Información Xuvenil
Rúa Sor Lucía, 2, 3º tel. 986 840 367
xuventude@pontevedra.eu
xuventude.pontevedra.eu
Nos meses de xullo e agosto desenvolverase un amplo abano de actividades: campamentos de tempo libre no Parque Natural do Xurés; obradoiros artísticos, creativos e sobre a cidade; actividades culturais, deportivas e no medio natural; obradoiros formativos… Poderase escoller entre aprender da natureza a coñecer música e instrumentos tradicionais; desde visitar as Fragas do Eume a facer rutas en kaiak polo mar; desde observar o ceo a competir en torneos de fútbol; desde asistir a un obradoiro de Igualdade a ir a un de graffiti; desde iniciarse na escalada a aprender informática.
As actividades programadas estenderanse ao longo de xulio e agosto en quendas. Toda a información está en www.xuventude.pontevedra.eu ou na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Pontevedra.