Lucía Rivas repite convocatoria coa Selección Española Sub-17
Por Redacción
Os técnicos da Real Federación Española de Fútbol seguen moi pendentes da evolución dunha promesa da comarca, Lucía Rivas.
A futbolista caldense do RC Deportivo foi citada a unha concentración de adestramento da Selección Española Sub-17 que se desenvolverá do 4 ao 6 de marzo na Ciudad del Fútbol de Las Rozas.
Rivas estreouse hai case un ano co equipo nacional sub-16 no Torneo de Desenvolvemento UEFA, e desde entón entrou nos plans dos técnicos federativos participando o pasado mes de outubro noutras xornadas de preparación en idade sub-17.
Neste caso o seleccionador nacional sub-17, Kenio Gonzalo, chamou 24 xogadoras, entre as que tamén se atopa a carballesa Elena Vázquez, compañeira de Lucía no Real Club Deportivo.