Novo aparcabicis no edificio administrativo da Deputación
Por Redacción
Desde este xoves 18 tanto o persoal da Deputación como a cidadanía en xeral conta cun novo aparcamento de bicicletas.
O estacionamento atópase na parte traseira do Edificio Administrativo, na contorna do Parque das Palmeiras.
Dispón de cinco aneis, que permiten o aparcamento simultáneo de dez bicicletas, tanto convencionais como eléctricas. Ao estar situado na contorna dun edificio público vixiado tamén se reduce o risco de roubo.
Os aneis destacan pola súa estabilidade fronte á corrosión ao ofrecer gran resistencia ao paso do tempo e ás inclemencias climatolóxicas.
Con esta instalación, a Deputación sinala que responde á gran demanda deste tipo de espazos.
Ademais, desde a institución provincial quérese fomentar o uso da mobilidade sostible e a utilización do transporte non contaminante en traxectos curtos.